Instituto de Estudos Galegos
Padre Sarmiento

Novos números, 15 a 20 da serie CAPA e do 33 a 36 da serie TAPA
O Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe é unha unidade universitaria autofinanciada de investigación, formación e servicios, especializada en tecnoloxías para a xestión integral e avaliación do patrimonio arqueolóxico. O Grupo de Investigación na Arqueoloxía da Paisaxe incorporouse ó Instituto de Investigacións Tecnolóxicas adoptando a nova denominación de Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe. GIArPa segue existindo coma tal grupo de investigación dentro da USC, pero o seu labor pasa desde agora a estar integrada dentro das liñas de acción do IIT.
Dentro da Arqueoloxía e do Patrimonio Cultural hai unha revolución en marcha. Se algo cambiou nestes ámbitos nos últimos anos, é que se desenvolveu, debido a diferentes motivos, un amplo campo de actividade e de novas necesidades vinculadas á xestión do Patrimonio Cultural.
 

Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe
Instituto de Investigaciones Tecnológicas
Universidade de Santiago de Compostela

R.U. Monte da Condesa. Campus Sur.
15782. Santiago de Compostela.
España.

Tel. +34 981 547053
Fax +34 981 547104
E-mail: lppp@usc.es
Web: http://www.lppp.usc.es